Boiro, 26 de novembro de 2010. O departamento de Servizos sociais do Concello de Boiro, dentro do proxecto que está a desenvolver de “Fomento de hábitos de vida saudables na terceira idade”, levará a cabo este vindeiro luns, día 29 de novembro, o último obradoiro desta iniciativa. Esta última sesión terá lugar nas instalacións do campamento xuvenil de Espiñeira, en horario de 10h a 14h, e os maiores recibirán información sobre características e beneficios da medicina natural; propiedades de plantas e tratamentos naturais para enfermidades comúns. Tamén realizarán dinámicas e xogos varios potenciando a actividade física. En edicións pasadas, os maiores participaron en charlas sobre alimentación, obradoiros de cociña, excursións e roteiros pola Illa de Arousa e Monte Pindo (Carnota), así coma nun obradoiro de reciclaxe. O proxecto foi subvencionado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario