26.11.10

Dodro: o PP denuncia unha perda de subvención e o equipo de goberno contesta cunha acta do pleno desmentindo os motivos

Dodro, 26 de novembro de 2010. O Partido Popular de Dodro emitiu onte unha nota no seu blog relativa á anulación dunha subvención de 83.000 euros de Agader para o proxecto "Roteiros que navegan na memoria". Segundo o equipo de goberno, os populares agocharon información, e para iso aportan a acta do pleno (a continuación da nota). Como é norma en Certo, poñémoslles as dúas versións íntegras:

No blog do PP:

"No pasado pleno do mes de outubro, confirmouse a anulación da subvención de 83.000 euros que a Axencia de Desenvolvemento Rural (AGADER) tiña concedida ó Concello de Dodro para o proxecto do BNG “Roteiros na memoria”.
Sendo esto grave, aínda é peor a resposta do BNG, que intentando disimular a anulación da subvención por parte de AGADER, argumentou que fora o propio Concello de Dodro o que renunciara a esta subvención, o que suporía unha IRRESPONSABILIDADE ABSOLUTA.
Este proxecto que sumaba unha cantidade de 183.000 euros contaba cunha subvención de AGADER de 83.000 euros que debía xustificarse en outubro de 2009.
A pesar de contar cunha prórroga ata o mes de xuño de 2010, o BNG foi incapaz de rematar as obras e xustificar a inversión prevista. E para evitar un descalabro económico Victoria Rey e o seu BNG utiliza novamente á Comunidade de Montes Balouta e Fontecova, que donou 25.000 euros, e que o BNG empregou para o pago de obras como o arranxo de fontes en Teaio e Bexo.
Entre eles, cabe destacar o desmesurado coste dos sinais dunha ruta polo monte e que supuxeron nada menos que 19.000 euros. A incompetencia dos xestores do BNG acábana pagando os propios veciños de Dodro a través da Comunidade de Montes, e así en lugar de recibir o Concello de Dodro a subvención de 83.000 euros, ó final, son os propios veciños de Dodro os que teñen que pagar os caprichos de Victoria Rey e o BNG.
En ningún caso é admisible que sexan os veciños, os administrados, os que teñan que pagar as obras do BNG por causa da súa mala xestión. Deste xeito, o Concello de Dodro é o único concello onde os veciños pagan ademáis dos impostos establecidos legalmente, un “imposto do BNG” PARA PAGAR OS SEUS CAPRICHOS SEN QUE EN NINGÚN CASO ASUMAN A SÚA RESPONSABILIDADE.
Tendo en conta a importante reducción de ingresos para o Concello de Dodro a causa da crisis económica, PERDER UNHA SUBVENCIÓN DE 83.000 EUROS É UN LUXO QUE NINGÚEN SE PODE PERMITIR. ESTE FEITO, PROVOCARÍA A DIMISIÓN INMEDIATA DO RESPONSABLE, PERO EN DODRO, VICTORIA REY E O BNG PREFIRE RECURRIR ÁS DONACIÓNS DA COMUNIDADE DE MONTES BALOUTA E FONTECOVA e intentar con iso esconder o que constituie un absoluto fracaso na súa xestión, que ó único que conduce é á quebra económica do Concello de Dodro, a pesar de que cando asumiron o goberno era un dos máis saneados de Galicia".


Acta do pleno coas follas onde se abordou esa cuestión:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical