Barbanza/Noia, 22 de agosto de 2011. O FAIADO DA MEMORIA e a productora audiovisual NOVA COMUNICACIÓN acaban de comenzar a gravación do documental, subvencionado polo Agadic, Desde dentro do corazón/o mar. Este traballo relata a vida e a relación co mar da xente de Vilagarcía. Distintas historias, co nexo común do mar, vanse entrelazando co día a día de dúas persona, irmáns elas e que levan mais de cincoenta anos traballando xuntos nos viveiros de Carril: Manuel e Verino Diz, os Nachos. Un dos temas principais, e que se está a gravar estes días, é o naufraxio do Cabo Razo, feito que tivo lugar a noite do 4 ao 5 de agosto de 1958 e que conmocionou a toda a bisbarra. Por un lado pola cantidade de mortos que houbo naquel accidente, 13, e por outro as circunstancias nos que aconteceu, o que levantou unha forte rumoroloxía no Salnés e Barbanza. O traballo está levando aos seus autores a desplazarse por varios puntos de Galicia e de España en percura de testemuñas vivas daquel suceso. O documental está dirixido por Antonio Caeiro e producido pola productora santiaguesa NOVA COMUNICACIÓN. O teatro de Rianxo, en Ourense O Faiado da Memoria tamén estará presente no festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará entre o 14 e 23 de outubro deste ano, dentro da PANORAMA GALICIA 2011, co documental Esta noite, velada que mostra a historia do grupo de teatro aficionado Airiños de Asados, Rianxo.
Pódese facer un seguimento da marcha da gravación no perfil de facebook.
Pódese facer un seguimento da marcha da gravación no perfil de facebook.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario