Hai stands procedentes de lugares como Francia, Portugal, Marrocos, Arxentina, Brasil, Cuba, India e de boa parte de España como Andalucía, Valencia, Cataluña, Asturias, Estremadura, A Rioxa, Castela A Mancha, etc... distribuídos polo Malecón, a praza do concello e zonas peonís como as rúas Santa Uxía ou Galicia.
Entre as novidades da feira cabe destacar un concurso de escaparatismo de temática artesanal e mariñeira (participarán sete establecementos), unha ruta de tapeo mariñeiro (os bares e cafeterías inscritos poñen a disposición dos clientes tapas realizadas con produtos do mar) e unha ruta de cócteles da feira (que ofrece a posibilidade de degustar un cóctel propio e único en cada establecemento participante, todos eles con nomes mariñeiros: dorna, galerna, rompente mariña... e así ata 20 cócteles).
En canto aos elencos que se encargarán de animar as rúas durante a feira, cabe destacar entre eles Confusión de Toledo (con ogros xigantes, figuras...), Al-Folk (formación musical arábigo-andaluz), o grupo de gaitas A Gandaina de Palmeira, Bom-Bom (teatro ambulante, encantadores de serpes...), Tuttis Catraputtis (grupo de música tradicional portuguesa), Cenáculo Teatro (circo e animación de rúa), Pista Activa (acrobacias, clown, malabares...), A Roda (circo) e Atraspies Circo (espectáculo circense).
A praza Pablo Neruda acollerá un rincón infantil con obradoiros de reciclaxe, pintura ou pinta caras; catapulta e tirachinas, xogos de época, tira monos, obradoiro de barro e alfarería, conta contos, batea medieval, bandeiras mariñeiras, xogo da pesca e un longo etcétera.
Moitos establecementos organizan outras actividades paralelas como concertos, exposicións, menús mariñeiros, conxuros de queimadas... que lle conferirán máis sabor á celebración.
Programa completo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario