Os nacionalistas din que será o futuro goberno local quen teña a última palabra sobre a escolleira Noia, 25 de marzo de 2011. O Bng emitiu hoxe unha nota de prensa na que volta a criticar a limpeza da Ría de Noia que vai acometer o Estado e cuxa Declaración de Impacto Ambiental aprobada foi anunciada onte. Como é costume, emitimos íntegra a súa nota e colgamos A Subela na que falan do mesmo asunto. Nota do Bng de Noia:"Non nos fartaremos de repetir que o proxecto do Ministerio de Medio Ambiente, pretendidamente denominado de rexeneración do esteiro interior da Ría de Noia, é un puro engado para o conxunto da cidadanía. Os promotores do proxecto din que coa eliminación da escollera, os fangos e limos depositados no esteiro vanse diluir, case por arte de maxia, polo efecto natural do arrastre dos ríos que desembocan no mesmo. Totalmente falso, sin a intervención do home, mediante procesos mecánicos, a lama acumulada nas últimas décadas no citado medio non só vai a permanecer nel, senón que co transcurso dos anos, o esteiro acabará colmatándose ata converterse nunha verdadeira canaveira como lle ocurreo ao esteiro do Río Tines na Serra de Outes. A maiores, a demolición da escollera, vai a condenar de xeito definitivo a posibilidade de que a vila de Noia, volva a recuperar o carácter portuario que non seu día tivo, e que sería posible facelo si se actuase desde os poderes públicos con sensatez e sentido común. Neste aspecto, o BNG leva explicado, desde o mes de setembro do pasado ano cal debía ser a solución a esta cuestión. Plantexamos o que para nós sería a solución dunha nova ordenación do sistema portuario de Noia, co mantemento e conclusión da canle de acceso ao Peirao do Marqués, a súa transformación en barras de atraque, o dragado do propio canal, e a conversión das ribeiras de Labarta e de Barro nunha grande praia urbana.
O BNG aposta decididamente pola proposta mencionada e combateremos o intento de engano promovido polo Ministerio de Medio Ambiente e o Alcalde de Noia, sin deixar de constatar que será o futuro goberno local quen teña a última palabra sobre este asunto". Non ven en Certo a versión sobre este asunto do PP nin do novo partido escindido deste? Será que non nos coñecen: se son dalgún deses partidos, coméntenlles que Certo publica a todo o mundo. De balde, se son noticias para as comunidades de Barbanza e Noia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario