25.3.11

Ribeira: o alcaldable do PP quere implantar Wimax de balde para conectarse á Rede dende as prazas da cidade

Wifi_zone

A lexislación e o tribunal de defensa da competencia non o permiten na maior parte de España, polas reticencias das operadoras de telefonía

Ribeira, 25 de marzo de 2011. O candidato á alcaldía polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, quérese comprometer publicamente a instaurar unha rede WIMAX de uso gratuíto nas prazas e espazos públicos do municipio. Así o manifestou en resposta a unha das suxestións recibidas durante o Taller de Ideas que o candidato desenvolveu fai uns días en Santa Uxía.

“Fixen as indagacións oportunas e sei que o actual equipo de Goberno do Concello está dando pasos neste sentido, pero se ao finalizar a lexislatura non é unha realidade, eu me comprometo a poñer en marcha este servizo nos primeiros meses do meu mandato”, expresou.

O sistema WIMAX (acrónimo de Worldwide Interoperability for Microwave Access) proporciona entre outras vantaxes a de poder conectarse a Internet sen necesidade de cables a través de distintos dispositivos: portátiles, PDAs, teléfonos móbiles... Esta tecnoloxía, máis avanzada e segura que o tradicional WIFI, é capaz de soportar centos de usuarios cun gran ancho de banda.

Zonas de sombra

Asemade, a instalación  do sistema WIMAX permitiría acceder á Rede aos internautas de certos lugares que agora mesmo teñen dificultades para conectarse por estar en “zonas de sombra”, como é o caso de certos puntos de Oleiros.

 “Quero que todos os meus veciños estean en igualdade de condicións á hora de disfrutar das vantaxes da Sociedade da Información”, declarou Ruiz Rivas, quen salientou os beneficios de que se poden aproveitar os usuarios, como, por exemplo, o de facer xestións coas Administracións sen ter que desprazarse fisicamente á sede oportuna.

O candidato popular matizou que a posta en práctica deste servizo levará aparelladas as correspondentes medidas de seguridade que eviten un uso delictivo ou fraudulento da rede. Por último, Manuel Ruiz agradeceu á cidadanía as numerosas e interesantes propostas que está a recibir, tanto durante o Taller de Ideas e os seus encontros veciñais nas parroquias como a través da Rede.

Problemas en toda España

A actual lexislación restrictiva en España, con regulamentos aplicados pola Comisión de Telecomunicacións (CMT) non permite unha wimax axeitada. A que se pode poñer sería de moi pouca potencia e limitadísimo ancho de banda, para ver o correo electrónico, ler xornais dixitais e pouco máis. Estamos a falar de velocidades entre 3,7 mbps e 5 mbps como máximo a repartir entre todos os usuarios, cando hoxe un usuario de adsl básico acada os 6 mbps só para el, sen partillalo con ninguén. Hai experiencias como a que propón o candidato á alcaldía polo PP en moitos concellos, e cada unha delas tivo problemas cos Tribunais da Competencia (as operadoras, loxicamente, rexeitan que se dea de balde, ou perden o seu negocio).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical