Nas imaxes, de esquerda a dereita, José Fungueiriño, Álvaro López, Juana Ermitas Crugeiras, Susana Martínez e Natalia Rey.O novo curso, pensado para que os rapaces se preparen para ingresar no conservatorio, comeza mañá coas 20 prazas ofertadas cubertasRibeira, 20 de abril de 2010.- O Conservatorio Profesional de Música incorpora este ano unha novidade aos ciclos informativos que alí se imparten: un curso dirixido a nenos e nenas con idades de 8 a 10 anos (cumpridos neste ano) que queiran facer a proba de acceso aos estudos oficiais que, no curso 2010/2011, se impartirán nesas instalacións. A nova actividade foi presentada hoxe pola concelleira de Educación, Juana Ermitas Crujeiras Vidal, o equipo directivo do Conservatorio (Alvaro López González, director; Natalia Rey Rey, xefa de Estudos; e José Fungueiriño Ramos, secretario), ademais da profesora encargada de impartir o curso, Susana Martínez Lustres.
Juana Ermitas Crugeiras lembrou que neste ciclo 2009/2010 o Conservatorio xa organizou outros dous cursos destinados ao alumnado que xa está estudando nel co fin de que reciban unha formación complementaria a cargo de profesores de gran prestixio. Referíase ao Curso de Piano, Música de Cámara e Composición que tivo lugar na pasada Semana Santa, e que foi impartido polo reputado mestre cubano Andrés Alén, da Escola de Música Creativa de Madrid; e á Aula Galega de Saxofón que se ven desenvolvendo unha vez ao mes, a cargo do profesor Rodrigo Vila, do Conservatorio Superior das Illas Baleares. “Agora damos un paso máis noutra dirección, e por primeira vez imos impartir un curso para nenos e nenas que aínda non están estudando no Conservatorio, pero que teñen intención de facelo”, declarou a edil de Educación. Segundo informou o seu director Álvaro López, trátase dun curso de carácter gratuíto no que durante seis semanas se traballarán os contidos que van integrar a proba de acceso ao primeiro curso de Grao Elemental: unha proba de carácter obrigatorio que terá lugar a mediados do mes de xuño. Ademais, os alumnos terán unha primeira toma de contacto coas distintas especialidades que se imparten no Conservatorio, ofrecéndolles unhas nocións básicas sobre cada instrumento, co fin de axudalos á hora de seleccionar a especialidade que no futuro inmediato queren estudar.
A mestra Susana Martínez encargouse de afondar nestes puntos, e explicou que cada unha das seis clases constará de dúas partes, a primeira das cales albergaría exercicios que entrarán na proba de acceso ao Conservatorio (tales como altura, duración, intensidade e timbre), mentres que a segunda servirá para que os pequenos coñezan as características e posibilidades de seis instrumentos musicais: violín, clarinete, trompeta, saxofón, violonchelo e frauta. O curso comezará mañá na Aula 5 do Conservatorio e prolongarase durante todos os mércores en horario de 18.35 a 19.25 horas. A aceptación do mesmo foi tal que se cubriron as 20 prazas ofertadas.
Piano e saxofón

Seis clases

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario