17.9.10

Opinión: Tamara Peña fala de ilusións postas en Cuba e desbotadas por uns timadores

TIMO

Vista de La Habana


“Timáronnos! Non vamos a Cuba!". Así me anunciou Natalia o que xa me temía. O malestar logo de ler o xornal e atopar aquel nome de axencia case ilexible nunha noticia de El País confirmouse. Agravouse até extremos case inimaxinables.

Despois de todo un ano recadando cartos para a tan famosa viaxe de Paso de Ecuador, esa que se fai cando se pasa a metade dos anos de licenciatura, e logo de pelexar tanto para que o destino fora o país caribeño, a ilusión albergada durante todo un ano escolar marchou coa mesma rapidez con que escorre a auga polo váter.

Despois, baixamos ao bar, miramos todos os xornais e máis que confirmamos o sabido: Que nos quedamos sen  viaxe, así como soa! A empresa encargada de organizar o noso salto polo charco non pagou unha viaxe anterior á nosa: o que o sentido común preconiza acabará afectándonos.

Malecón de El Morro, onde Che Guevara tiña a súa comandancia


Dunha maneira ou de outra esta viaxe está marcada cunha cruz que non sabemos se é azul ou vermella, é dicir, que ignoramos se se chatou para ben ou para mal. A saber!

Para quen non o saiba, que será a maioría, para recadar cartiños para Cuba organizamos un festival de premios con posterior cea que incluía todo un día de actividades. A todo o tempo que tivemos que estar alí para que o chiringuito non se desnortase cómpre engadirlle a organización e a preocupación que calquera acto desta  magnitude conleva.



O dito: unha morea de traballo tirado pola borda, ou non. Ou quen sabe, porque o peor é que estamos nunha corda frouxa de non saber que facer. Se vamos ir ou se non. Na corda frouxa cunha morea de ilusións ás nosas cóstas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical