Vitoria Rei Mariño e Anxo Franco dando a noticia do seu relevo
Dodro, 17 de setembro de 2010. O BNG de Dodro comunicou hoxe a dimisión de Anxo Franco da tenencia de alcaldía "para atender asuntos persoais e particulares". Vitoria Rei vai ser a substituta, e porén candidata á alcaldía polos nacionalistas nas vindeiras eleccións municipais de maio de 2011.
Anxo Franco fora escollido por primeira vez concelleiro no ano 2007, co que entrou ao goberno municipal trala coalición co Psoe e asumiu a tenencia de alcaldía. Segundo o Bng, Franco "abandona o seu cargo tras unha fructífera xestión no Concello de Dodro. Xa lle comunicara a súa decisión á dirección do BNG local a finais de xuño, polo que dende esa data até o día de hoxe, o BNG aproveitou, con discreción e sixilo, para reorganizarse e asumir o cambio nas mellores condicións posibles". Vitoria Rei, sempre segundo o Bng, "até agora concelleira moi brillante no goberno municipal á fronte da área de Igualdade e Benestar, asumirá a tenencia de alcaldía e non vai ser unha solución temporal, senón que afronta o momento posta a vista nas
seguintes eleccións municipais, xa que foi elexida, unanimemente, a próxima candidata do BNG".Na área de Cultura e Patrimonio, que tamén levaba Anxo Franco, o substituto será Abel Tarrío Abuín.
Primeira vez que un partido en Dodro presenta de número 1 a unha muller
Os nacionalistas de Dodro aseguran que será "a primeira vez que unha forza política presenta unha muller no primeiro posto en Dodro. Esta situación demostra que o BNG de Dodro non busca o poder polo poder, nin ocupar o sillón porque si, senón que realmente ten un proxecto, cre nel e quere levalo a cabo dende o goberno municipal, sen intereses particulares, nin partidistas nin apego ao sillón. E é esta filosofía precisamente a base do seu éxito".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario