15.1.11

Ribeira: as vindeira andainas do ciclo "Ponte a Andar" son os domingos 23 de xaneiro, 20 de febreiro e 20 de marzo

Ribeira, 15 de xaneiro de 2011. As novas andainas do ciclo "Ponte a Andar 2011" xa teñen data: 23 de xaneiro, 20 de febreiro e 20 de marzo. Na web da Cofradía da Dorna (www.cofradiadadorna.com) está toda a información relativa a cada unha delas colocada dentro da sección PONTE A ANDAR (tamén hai un vínculo na páxina principal, premendo sobre o cartel das andainas)

Como xa se fixera en anteriores rutas non é preciso inscribirse, pero si aparecer con tempo abondo no punto de partida (10 minutos antes) xa que se tratará de respectar os horarios ó máximo para non dilatar a actividade. O traslado ata a saída facerase individualmente, cada un no seu coche (por eso se especifica o punto de partida). Recoméndase roupa e calzado cómodo e apto para camiñar polo monte, e tamén un bidonciño con auga. En todo momento se acompañará aos participantes: para iso están os monitores da Cofradía.


Novidades: prohibidas as mascotas e calificación das rutas

Coma sempre resaltar algunhas cousiñas:
- Fíxase un ritmo de camiñata de entre 4 e 5 quilómetros por hora.
- Nenos: sempre acompañados dun adulto responsable deles, e que lles quede claro que os monitores tamén "mandan". E por suposto que sexan capaces de aguantar o ritmo da andaina (a partir dos 7-8 anos non adoitan ter moito problema para acadalo).
- Animais de compañía: non se permitirán. E isto é innegociable: xa se avisou en ocasións anteriores que non se permitían cans e agora van ser inflexibles coa norma.
- CALIFICACIÓN DAS RUTAS: esta é unha novidade importante, xa que a diferencia que ata agora neste ciclo téñenas clasificadas en "dificultade baixa, media, ou alta" tendo sempre en conta as características das realizadas ata agora.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical