Dodro, 15 de xaneiro de 2011. Despois de moito tempo esperando a que a Xunta cumpla o comprometido no Plan Estratéxico de Medio Rural do ano 2009, e que anunciou a través de cartel en febreiro do ano 2010, os camiños continúan a deteriorarse e a xente de Bexo inicia as accións de protesta. Non se explican porque non se fai esta obra nin onde van parar estes cartos comprometidos con parte dos Fondos Europeos. Hoxe, 15 de xaneiro, a aldea de Bexo, no día do seu patrono San Amaro, apareceu con pancartas reivindicativas, que os veciños anuncian como a primeira acción de protesta "pero dispostos a seguir se fora preciso e San Amaro non os axuda a interceder ante os responsables da Xunta". Denuncian tamén que o Partido Popular local "é cómplice desta situación". Antes publicamos:
Bexo, 26 novembro 2010: reclaman de novo que se arranxen os camiños
Bexo: levan ao Parlamento o amaño dos camiños
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario