Imaxe da concentración de maio de 2010Ribeira, 7 de febreiro de 2011. O próximo xoves, día 10 de febreiro, o Comité de Empresa do Hospital da Barbanza invita a todos os traballadores a unha asamblea informativa, para falar sobre os celadores.
O Hospital da Barbanza, logo do lío das fundacións do PP, leva máis de dous anos integrados na rede do Sergas (Servizo Galego de Saúde) e teñen persoal estatutario "pero aquí non chegan os celadores, o resto do personal está a facer dobre función, as súas propias e as que noutros centros fan os celadores", explican dende o comité.Desta volta o comité consultará aos traballadores do centro para ver se están dispostos a que se lles escoite, que ideas proporían ou farían para chamar a atención e reclamalos. "Como sabedes, o comité e os sindicatos necesitamos do apoio e a forza dos traballores. Unídevos e non faltedes: será o próximo xoves 10 ás 14 horas na aula de docencia do centro", conclúe.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario