7.2.11

Política: o Psoe acusa a Feijóo de "esquecer e ningunear" o convenio para preservar o litoral galego

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira afirma que este documento tiña especial relevancia porque tentaba de coordinar e buscar solucións aos problemas inherentes á aplicación da Lei de Costas nas instalacións acuícolas e conserveiras instaladas o pé de costa con concesión a piques de vencer

Marisol Soneira no flickr do PSdeG

Barbanza-Noia, 7 de febreiro de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou hoxe que rexistrou unha interpelación na Cámara Autonómica na que reclama explicacións ao Goberno de Feijóo sobre a deixadez da Xunta entorno ao Convenio asinado entre o MARM e a Consellería do Mar para a xestión integral e sostible do litoral.

A deputada socialista lembra, na iniciativa rexistrada, que o BOE publicou o Convenio de colaboración o pasado 24 de novembro de 2006. Advirte que tiña por convenio establecer un marco estable de coordinación e colaboración entre as dúas administracións, coa finalidade de levar a cabo unha xestión integrada das zonas consteiras galegas, conforme á lexislación en materia de costas, urbanismo, ordenación territorial e do litoral, e da conservación da natureza.

Soneira afirma que este documento tiña especial relevancia porque tentaba de coordinar e buscar solucións aos problemas inherentes á aplicación da Lei de Costas nas instalacións acuícolas e conserveiras instaladas o pé de costa con concesión a piques de vencer.

Ademais subliña que establecía a constitución dunha Comisión Mixta de Seguimento para coordinar os plans de actuación de cada administración, estudar a incidencia de cada actuación no ámbito das respectivas competencias, determinar as accións e proxectos a desenvolver polas partes, coordinar as achegas económicas, etc..

Así as cousas denuncia que a Xunta non tomou ningunha iniciativa para desenvolver este convenio nin tampouco convocou a citada Comisión Mixta.

Por iso quere coñecer, entre outros asuntos, que accións levou a cabo a Consellería para dar cumprimento a este Convenio? En que situación se atopan as distintas concesións situadas no dominio publico maritimo-terrestre? E tamén cantas instalacións acuícolas, conserveiras, ou doutra natureza, están próximas a ver vencida a súa concesión e necesitan, perentoriamente, trasladarse a outro lugar?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical