8.8.11

Ribeira: Carreira conta cunha delegación comarcal da Sociedade de Ornitoloxía de Compostela

Sociedade_ornitoloxa

Na imaxe, Manuel Somoza é o cuarto comezando pola esquerda e Víctor Reiriz o segundo pola dereita

  • Barbanza ten unha vintena de grandes criadores de aves de diversas especies
  • Canarios e xílgaros, o máis criado

Ribeira, 8 de agosto de 2011. – Esta pasada fin de semana quedou constituída na parroquia de Carreira unha delegación comarcal da Sociedade Compostelá de Ornitoloxía. A sede estará radicada no aviario que ten o ornicultor Manoel Somoza, quen exercerá o cargo de delegado do novo ente. 

Para formalizar oficialmente a creación da delegación acudiu ás instalacións aviarias o concelleiro natural de Carreira Víctor Reiriz Lampón, xa que era requisito imprescindible para o nacemento da mesma que un representante do Goberno Local dese fe do acto. 

Tamén estiveron media ducia de criadores de distintos puntos da comarca, como Boiro ou Rianxo, que quixeron respaldar a Manoel Somoza nesta recén comezada andaina. 

Cabe salientar que a comarca de Barbanza conta cuns 18 grandes criadores de aves de distintas especies, ademais de moitos outros a pequena escala. Polo que respecto a Manoel Somoza, está a criar actualmente medio milleiros de paxaros repartidos en dous aviarios: o mencionado de Carreira, que alberga canarios das especies factor vermello e timbrado español liña descontinua e outro en Boiro no que cría xílgaros, camachuelos siberianos e diamantes de Gould. 

O feito de que haxa unha delegación da sociedade na comarca entrañará diversos beneficios para os criadores asociados da zona, como por exemplo un menor custe nos portes derivados do transporte de aves.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical