3.7.10

Política: os socialistas suxiren adelgazar a administración coa supresión de 51 organismos neste mesmo ano 2010

O Viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, José Manuel Lage Tuñas manifestou esta mañá que "Feijóo segue coa política do disfraz e a publicidade engañosa. O 22 de abril de abril anunciou a desaparición de 48 “chiringuitos” e un aforro de dez millóns de euros, pero a día de hoxe “rien de rien”


Santiago, 3 de xullo de 2010.- O Viceportavoz do Grupo Socialista no parlamento, José manuel Lage Tuñas dou a coñecer esta mañá a proposta rexistrada na cámara autónomica “para racionalizar a administración pública galega” e “proceder ao adelgazamento da administración paralela”.

Os socialistas galegos propoñen que “antes de que finalice o ano 2010 se proceda á disolución das 34 fundacións comarcais” e que o mesmo proceso se siga con outros entes, fundacións ou sociedades dependentes da Xunta recollidos no acordo do 22 de abril do consello da Xunta, entre os que se atopan a Autoestrada Alto de Santo Domingo Ourense S.A (Aceousa); e a Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola, a Fundación Milenio, a Fundación Galicia-Emigración ou a Axencia Humanitaria de Galicia.

O deputado socialista explica a proposta rexistrada e di que “dende o PSdeG tamén buscamos racionalizar a administración galega e por iso propoñemos un órgano máis áxil para a xestión do solo, superando o actual modelo das Xestures provinciais e autonómica, e a creación por fusión dun único organismo máis eficente, con menos gastos de funcionamento e maior axilidade nos seus traballos”.

Esta decisión permitiría extinguir catro vellos organismos da administración paralela e facer “máis eficaz” o traballo na tramitación e xestión de polígonos industriais ou parques de vivenda de promoción pública.” afirma Lage Tuñas. Os socialistas galegos tamén propoñen “integrar no IGAPE as funcións, recursos, persoal e patrimonio do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (BIC Galicia), procedendo a súa disolución.”


“Buscamos con esta proposta impulsar a racionalización da administración pública galega, xa que é necesario mellorar en eficiencia, buscando menores costes e mellor xestión e servizos dende a esfera pública” explica José Manuel Lage.
 
"Feijóo, política de propaganda e nula xestión"
 

O Viceportavoz do Grupo Socialista amósase moi crítico coa falta de iniciativa por parte do goberno galego e afirma que “temos un presidente que considera a Xunta un lugar de paso, porque a súa estación termini está máis alá do Padornelo, e a súa acción política móvese máis no terreo da estética, do anuncio fácil pero cunha ausencia clamorosa de xestión.”

Lage Tuñas considera que “a crise é unha oportunidade para racionalizar a administración pública, facela máis eficaz e prescindir de moitos organismos que non aportan nada á mellor xestión dos intereses públicos". O deputado do PSdeG recordou que “o goberno da Xunta de Galicia anunciou a bombo e platillo fai tres meses un plan para suprimir organismos pero a día de hoxe todo é fume”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical