Boiro, 3 de xullo de 2010. O vindeiro luns, día 5 de xullo, terá lugar no peirao de Cabo de Cruz, ás seis e media da tarde, a inauguración da ruta cicloturística das praias. Esta ruta é unha das cinco que forman a rede de itinerarios cicloturísticos do Concello de Boiro. O percorrido é circular, con inicio e fin no peirao de Cabo de Cruz, é de 17 km. e ten un tempo estimado de percorrido de unha hora e media. A ruta une as praias de Carragueiros, A Retorta e Mañóns, e ó seu paso circunvala interesantes recursos turísticos. As catro rutas restantes inauguraranse no vindeiro mes de agosto. A rede de itinerarios foi financiada totalmente pola Deputación Provincial.
A ruta comeza e remata no peirao de Cabo de Cruz
Na inauguración estarán o alcalde de Boiro, Xosé Deira; a concelleira de Turismo, Francisca Suárez; o deputado Xan Cabo, da área de Asistencia e cooperación cos concellos; e María Ramos, xerente de Aresta Ingeniería, empresa encargada da execución deste traballo. Os tres últimos farán o percorrido en bicicleta. A eles tamén se unirá a concelleira de Deportes, Dores Torrado. O Concello convida a todos os cidadáns a participar nesta marcha de inauguración da ruta. A marcha está organizada por Ricardo Riveiro, presidente do Club Ciclista Barbanza, e colaboran Coca- Cola e Daniel Ríos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario