Noia - Lousame, 14 de xullo de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de trazado da obra do novo vial de conexión da Vía de altas prestacións Brión-Noia coa estrada Santiago-Noia (AC-543), en Sampaio. Esta actuación viaria consiste en construír a primeira fase do novo acceso a Lousame dende o Corredor Brión-Noia. Este vial proposto arranca na glorieta pertencente ao enlace de Sampaio deste corredor e dende alí ao longo de 550 metros descende en dirección sureste cada a estrada AC-543, cuxo entroque se resolverá cunha glorieta. Durante o período de información pública presentáronse dúas alegacións a este proxecto. Por outra banda, dende a Consellería de Cultura solicitouse que a inclusión dun estudo sobre as afeccións do novo vial sobre o patrimonio cultural, un aspecto que xa se incluíu nas afeccións do novo vial. En definitiva, acordouse modificar o trazado proposto alonxando a glorieta coa AC-543 a maior distancia da localidade de Boña, para evitar afeccións sobre unha vivenda e no núcleo de Boña. Finalmente, esta glorieta desplazouse un total de 125 metros en dirección a Noia, polo que coa nova ubicación queda a 150 metros da rotonda,fronte aos 35 metros iniciais. Este modificado no proxecto plantexouse ante a necesidade de diminuír a afección sobre o núcleo de Sampaio e as súas terras de labor. Ademais, representa unha mellora na conectividade da zona de Lousame. O departamento que dirixe Agustín Hernández inviste máis dun millóns de euros e segundo as previsións o inicio destas obras fixase para o cuarto trimestre de 2010.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario