Neste concerto estrean a nivel mundial "H2O", do rianxeiro Antón Alcalde
Ribeira, 14 de xullo de 2010. O Auditorio Municipal de Ribeira acolle o sábado 17 de xullo un concerto do quinteto de ventos Pentafonía no marco do Festival Via Stellae, que organiza a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. O concerto, que comeza ás 22:00, conta coa colaboración do Concello da Ribeira. Este concerto está enmarcado na programación deseñada para a Ruta do Mar de Arousa - Río Ulla (que consta de 13 concertos nas localidades de Cambados, A Illa, Vilagarcía, Vilanova, O Grove, Padrón, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo).Antón Alcalde, multipremiado compositor rianxeiro
“A través do Atlántico: Arxentina e Galicia” é o título do programa que ofrecerá o quinteto Pentafonía. Abren o programa as Catro estacións porteñas de Astor Piazzolla (unha das obras máis celebres inspiradas nas estacións do ano e sen dúbida moi influidas polo tango ao que dedicou a súa vida musical este compositor arxentino). A continuación, o protagonismo recae en catro compositores galegos: Antón Alcalde, Simón Couceiro, José Javier Ces e, o moi coñecido compositor lucense, Juan Montes (do autor de Negra sombra interpretarase nesta ocasión Balada galega). Durante este concerto terá lugar a estrea mundial de dúas obras: H2O do rianxeiro Antón Alcalde e os Cantos galaicos de Simón Couceiro.
O quinteto de ventos Pentafonía está formado por proferoses de distintas bandas profesionais galegas, ten un repertorio moi amplo que abrangue dende o Renacemento ata a música dos compoitores máis actuais e ten unha vocación de difusión da música entre os nenos para os que teñen preparado concertos e espectáculos didácticos. Compoñen o quinteto o frautista David Martinez, o oboista José Manuel Abal, o clarinetista Martín Baleirón, o trompista Samuel Pérez Llobell e o fagotista José Alejandro Valcárcel.
Como en todos os concertos do Festival Via Stellae nas diferentes localidades dos Camiños de Santiago a entrada é libre ata completar o aforo do local.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario