Rianxo, 14 de xullo de 2010. O domingo 25 de xullo terá lugar a Exaltación da Xouba, unha festa gastronómica que chega á súa décimo oitava edición. Os lugares para a festa son a praza de Castelao e o Campo de Arriba e a degustación comezará a partires das doce do mediodía. Antes, para ir animando o día, haberá pasarrúas co grupo de gaitas Río de Anxo. Logo da apertura das cociñas poderase degustar a xouba acompañada con pementos ou cachelos, e tamén en empanada. Non faltarán os mexillóns ao vapor e, para regar todas estas viandas, albariño e mencía. Ás seis da tarde abrirán de novo as cociñas para esgotar as xoubas que queden. Ás seis e media da tarde, certame de pratos de xouba, cuxa entrega de premios terá lugar unha hora máis tarde. Pechará esta Exaltación da Xouba a actuación do grupo de baile Aleivosía.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario