Noia, 14 de xullo de 2011. Baixo o lema "Mételle un gol a Feijóo", a MNG (membro das xuventudes do BNG) celebra os días 22-23 de xullo na comarca de Muros-Noia unha
actividade a prol da oficialidade dás seleccións galegas.O venres 22 e o sábado 23, ambos días pola tarde, será o quenda do Fútbol Sala.Ás 10:00 do sábado 23 celebraráse o torneo de baloncesto 3x3. Ás 12:00 haberá parón para o torneo feminino. Tamén o sábado, ás 21:45, vaise celebrar a Festa da Patria, na parte dianteira do polideportivo con petiscos, música e bebidas para os participantes.A entrega de premios -é unha competición- será ás 22:00 horas e nela estarán presentes integrantes dunha delegación nacional de +Galiza e da MNG. Para inscribirse hai que chamar ao 616538589 ou ao 692969303. Os prezos de inscripción son populares (ou sexa, económicos, non do PP, que todo hai que aclarar nestes tempos).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario