Entre o numeroso público que asistiu ao concerto, atopábase a nova titular da Concellería de Educación, Mª Carmen Vizcaya, quen se mostrou "encantada coa actuación destas xoves promesas da música".
Por último, o domingo e o luns foron dedicados polos 16 alumnos que integran esta iniciativa, e que procede de distintos centros formativos musicais da comunidade galega, ás últimas actividades lectivas antes do período vacacional.
A Aula Galega de Saxofón ten previsto comezar o curso 2011/2012 no mes de outubro cunha renovación parcial do alumnado, xa que dous alumnos acadaron praza para proseguir os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música Amaniel de Madrid e outros tres acadaron praza no Conservatorio Superior das Illas Baleares: un deles, ademais, alumno do conservatorio ribeirense.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario