Na primeira imaxe, cómic do boirense Martín Romero para "Viñetas descubertas", a quen puidemos entrevistar hai tempo, aquí A segunda páxina de cómic é de Emma Ríos para "Miña terra galega", unha das creadoras galegas de banda deseñada con maior proxección internacional agora mesmo (está a facer cómics para a Marvel, con Head Space como último título para o volume colectivo Girl Comics #1, xa á venda en USA. En abril participará no lanzamento de Irredeemable Special 1, onde debuxa unha das tres historias, con guión de Mark Waid). Ambas mostras estarán ata o 15 de marzo no Centro Social de Boiro.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario