4.3.10

Deportes: abren o prazo de inscrición na Copa Sálvora 2010, que se disputará o 15 e 16 de maio en Ribeira

Aberto o prazo de inscrición da Copa Sálvora 2010


Os próximos días 15-16 de Maio celebrarase unha nova edición da Copa Sálvora en Ribeira.

            As instalacións deportivas da Tasca, en Aguiño (Ribeira), acollerán o fin de semana do 15-16 de Maio unha nova edición da Copa Sálvora, unha competición deportiva que se está facendo un oco no conxunto de torneos de fútbol base de Galicia.

           Como novidade destaca a disputa dunha Fase Previa para aqueles clubs que queiran inscribir máis dun equipo por categoría na competición. Un deles pasará directamente á Fase Final mentres que o outro equipo disputará unha Fase Previa a semana antes do torneo.

           As categorías elixidas nesta ocasión son as de Benjamín e Alevín que traerán ata Ribeira máis de 450 rapaces de diferentes puntos da xeografía galega baixo un mesmo lazo de unión:”Fútbol”.Ademais e como preludio ás finais do domingo disputarase un partido de exhibición entre a Escola de Fútbol Sálvora e un combinado invitado para a ocasión.

           Os nenos terán á súa disposición dous campos para xogar os partidos, zona de quecemento, bancos e vestiarios, e ademais recibirán froita e bebida para reporse do esforzo e cargar enerxía. Ao redor de trinta voluntarios velarán polo bo desenvolvemento do campionato.

           A organización da competición correrá a cargo do Sálvora C.F que seguen mantendo os mesmos obxectivos que cando botou a andar a competición fai catro anos: apoiar aos clubs para que os xogadores teñan un foro onde competir e comezar a rodarse como futbolistas, así como fomentar o deporte en idades infantís, o traballo en equipo e os hábitos saudables.

Para máis información consultar a páxina web de evento: www.copasalvora.com

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical