22.6.11

Boiro: o conselleiro de Industria visitou a conserveira Jealsa-Rianxeira en compaña do empresario conservador Alonso e o seu ex-empregado, o actual alcalde Juan José Dieste

  • Segundo a Xunta, "o concurso eólico incentiva a innovación na industria conserveira de Boiro con investimentos de 10,6 millóns e a xeración de 74 empregos"
  • Presentouse o proxecto para a instalación dunha planta de comida para mascotas
Boiro, 22 de xuño de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou hoxe que o concurso eólico incentivará a innovación na industria conserveira de Boiro con investimentos proxectados de 10,6 millóns e a xeración de 74 empregos, na presentación da Planta de Elaboración "Pet Food" -en galego comida de mascotas- de Jealsa neste concello. Chama a atención que esta visita ten lugar nada máis gañar a alcaldía o ex-empregado de Jealsa, Juan José Dieste, que traballou para o que tamén foi alcalde, Jesús Alonso, e que ameazou no pasado Nadal con levarse a súa fábrica de Boiro se non gañaba a opción conserveira-conservadora.

Guerra sinalou que este proxecto e mais a mellora da Conserveira Jealsa Rianxeira son os dous investimentos industriais asociados á concorrencia de Beltaine Renovables ao concurso eólico galego, e presentouno "como unha mostra mais de que a convocatoria eólica galega segue o seu curso e comeza a ser unha realidade no tecido produtivo de Galicia".

A instalación da planta de comida de mascotas está orientada á posta en valor dos subprodutos resultantes do proceso de elaboración de conservas e outros produtos alimentarios, coa aplicación da robótica industrial máis moderna, para a fabricación de alimentos de animais domésticos, con ingredientes naturais, de forma sustentable e maximizando o rendemento económico de toda a cadea de valor da conserva.

“Trátase dunha alternativa altamente eficiente, desde o punto de vista ambiental, xa que permite aproveitar subprodutos da industria, minimizando os seus residuos”, sinalou o titular de Economia e Industria.

Segundo Guerra, deste xeito “confírmase novamente a eficacia do Concurso Eólico, deseñado pola Consellería de Economía e Industria, como o maior plan de desenvolvemento industrial, de todos os concellos galegos”.

Apoio ao concello de Boiro
Ademais, o conselleiro destacou que “a Xunta confía nas posibilidades de desenvolvemento do Concello de Boiro e do seu potencial económico, que pode ser aproveitado por moitos emprendedores”.

Neste sentido, engadiu que a Xunta traballa para incentivar aos emprendedores que apostan pola creación de emprego e apuntou que, nesta lexislatura, a Consellería de Economía e Industria facilitou a mobilización de investimentos empresariais no concello por valor de preto de 25 millóns de euros e a concesión de préstamos a empresarios de Boiro, superiores aos 26,8 millóns de euros.

Podería interesarlle:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical