Ribeira, 22 de xuño de 2011. A Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna recibe a colaboración do Club Baloncesto Riveira. Este club promocionará a Festa da Dorna en Asturias no III Torneo Internacional de Baloncesto Base "Fuentes del Narcea", que se vai celebrar entre os días 23 e 27 de xuño. Os equipos das categorías Infantil Masculino e Femenino máis Cadete Masculino lucirán unhas camisetas cos logos das dúas entidades e unha publicidade da Festa da Dorna nas costas, que poderán ver os 40 clubs que participan e que van a Asturias dende lugares tan dispares como Málaga, San Sebastián ou Madrid.
A R. e I. Cofradía da Dorna agradece esta colaboración e o espiritu dorneiro que demostran ao club Baloncesto Riveira e tamén a Jesús Parada Miniño, experto micólogo e autor do deseño da Camiseta. Con este tipo de accións consíguese que se coñeza máis se cabe os nomes da Festa da Dorna e de Ribeira por toda España. Relacionada:
Dorna: novos xogos e novidades para este ano
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario