Organizados polo Departamento de Servizos Sociais, estes obradoiros foron impartidos por integrantes do grupo de voluntariado municipal: concretamente, por Cruz Rivadulla, Maruja Gago e Ana Sampedro, quen causou baixa e foi substituída no seu labor por Ana Schmitt.
O novo concelleiro de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo de Ribeira, Vicente Mariño de Bricio, estivo presente neste acto de clausura, que se celebrou na aula de formación que teñen os Servizos Sociais na rúa Cristóbal Colón de Santa Uxía. O edil aproveitou para presentarse e poñerse a disposición dos maiores, na procura de que prestarlles un mellor servizo coas actividades que se desenvolven dende a Administración Local e aumentar a súa calidade de vida.
Durante o evento a aula foi escenario dunha exposición sobre cruceiros e outros elementos etnográficos do municipio, que estivo a ser elaborada polos alumnos dos talleres ao longo do curso.
Pode que lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario