22.6.11

Ribeira: comezou o curso de atención sociosanitaria para persoas no fogar

Ribeira, 22 de xuño de 2011. Nas Aulas de Formación da Rúa Cristobal Colón de Santa Uxía deu comezoo esta mañá o Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, organizado polo Concello coa colaboración da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, e ao que están asistindo catorce veciños e veciñas en situación de desemprego do municipio. 

Os novos concelleiros de Fomento do Emprego, Comercio, Turismo e Pemes, Anxo Orellán Fernández, e de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo, Vicente Mariño de Bricio, visitaron as instalacións municipais para darlles a benvida aos participantes nesta acción formativa de 618 horas de duraciós. 

Durante as súas respectivas intervencións, os edís municipais describiron o contido da actividade e fixeron fincapé na ampla saída laboral que está a ter nestes momentos a atención sociosanitaria en domicilios. 

O curso prolongarase ata o 18 de novembro e terá lugar nas aulas de Cristobal Colón todos os días de luns a venres, entre as 8.30 e as 14.30 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical