22.6.11

Ribeira: o Concello repoboará con 5.000 alevíns de troita o río Arlés ou Sanchanás

Media_httpuploadwikim_oodpb

A troita común (salmo trutta) na Wikipedia
Ribeira, 22 de xuño de 2011. O Concello vai repoboar con troita común o río Arlés (tamén coñecido como Sanchanás): cauce fluvial que descorre dentro do termo municipal polas parroquias de Oleiros, Artes e Olveira.  

Con esta medida, o Equipo de Goberno Local ten como obxectivos, por unha parte, contribuír á biodiversidade da zona e á súa valorización ambiental e, por outra, á sostibilidade do exercicio da pesca fluvial no municipio.  

Precisamente, o río Arlés é o cauce máis importante de cantos existen en Ribeira para o exercicio desta práctica deportiva, bastante habitual na parte baixa do curso do río ao conter unha poboación de troita relativamente cuantiosa, pero non tanto na parte alta, onde a presenza desta especie é escasa. 

A acción de repobación está prevista para o día 1 de xullo pola mañá e, con tal motivo, soltaranse 5.000 alevíns de troita común (salmo trutta) de cinco centímetros de lonxitude en catro puntos situados na parte alta do curso do río: Os Muíños, Sancortes, Lobeiras e Muíño da Correa. 

Para desenvolver esta iniciativa cóntase coa colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical