O Concello de Boiro, a través do Departamento de Servizos Sociais, que dirixe a Concelleira Natalia Laíño, informa aos cidadáns de dous números de conta co fin de facer aportacións de fondos destinados a apoiar as labores de emerxencia acaecidas pola catástrofe en Haití.
O 12 de xaneiro, ás 21,53h española produciuse un sismo de 7,3 na escala de Richter. O terremoto afectou gravemente ó país caribeño, o máis pobre de América Latina, sendo unha das peores traxedias acontecidas en Latinoamérica. Aínda que non hai cifras oficiais de vítimas, xa que as comunicacións co país están bloqueadas, as últimas noticias falan de milleiros e de cifras sen determinar de desaparecidos.
Nestes momentos, Solidaridade Internacional en Haití comezou a avaliar os danos causados polos sismos para atender as necesidades básicas da poboación, e habilitou dous números de conta;
-Banco Santander
Titular: Solidaridad Internacional
Conta nº: 0049-0001-54-2210042242
-Caja Madrid
Titular: Solidaridade internacional
Conta nº: 2038-1001-37-6000888882
Engadido de Certo:Varios grupos de apoio xurdiron en Facebook ante esta desoladora desgraza. De EarthQuake Haiti foi de onde tiramos esa foto, dunha nai á que non atoparon aínda. Nese grupo, familiares sobrevivintes van colgando fotos de xente que buscan. Tamén hai imaxes da catástrofe que dan auténtico arrepío, así como xeitos de contribuír a paliar no posible este desastre natural. Ademais das contas que dá o Concello de Boiro, aconsellamos aos que queiran contribuír no que poidan (1 só euro alí é moito) que contacten coa súa Cruz Vermella local.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario