- Álvaro Suárez, de Valdoviño, foi o vencedor do certame
- Participaron seis cazadores de Ribeira. O mellor posicionado, en quinto lugar, foi Antonio Olveira
Ribeira, 2 de setembro de 2011.– A terceira edición do Campionato de Caza San Huberto ‘Cidade de Riveira’ contou coa participación de 21 concursantes que o pasado 27 de agosto se deron cita en San Amedio (A Curota) co fin de amosar a súa pericia no deporte cinexético.
Entre estes 21 participantes, seis procedían de Ribeira, entre os cales o que mellor resultado conqueriu foi Antonio Olveira, cun quinto lugar. O gañador do torneo foi Álvaro Súarez, de Valdeviño; seguido de Juan José Canosa, de Fisterra; Serafín Corrado, de Ferrol; Rubén Boquete, de Trazo; e o citado Antonio Olveira.
Entre o sexto e o décimo lugar estiveron Carlos Lalín, de Ourense; Jorge Sánchez, de Ferrol; Eliseo Faraldo, de Ferrol; Manuel Rebordelo, de Lugo; e Roberto Dopico, de Ferrol.
O concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga, foi encargado de entregar os trofeos aos galardoados na proba, coa que se pretendeu contribuír á difusión do exercicio responsable da caza, por medio da súa práctica no respecto á natureza e un compromiso de eficiencia cinexética.
A competición consistiu en dar caza un máximo de dúas pezas (perdices) sen utilizar máis de 4 cartuchos, en dous campos previamente definidos polos xuíces.
Cans de rastro
Por outra parte, no mesmo coto tivo lugar tamén o 27 de agosto a 18ª edición do Campionato de Cans de Rastro Cidade de Riveira organizado polo Clube de Amigos dos Cans de Caza.
O vencedor foi José Pais Serrano, de A Baña; seguido de Antonio Lista, de Riveira; Alfonso Rey, de Cambados; Carlos Casas, de A Laracha; e Francisco Abraldes Crujeiras, de Riveira. O mellor can da proba foi Boby Beagle, de José Pais.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario