- Unha estrutura volcánica que o Consello Insular Canario doou a Ribeira en 2003 trasladouse ás Carolinas, onde se instalaron paneis informativos sobre historia, tradicións e patrimonio de Adeje
- Os visitantes, co alcalde de Adeje á fronte, vanse o martes 6 de setembro
Ribeira, 2 de setembro de 2011.– Unha comitiva institucional procedente da Vila de Adeje, formada por 22 persoas e encabezada polo alcalde Miguel Rodríguez Fraga, recalará pasado mañá, domingo 4 de setembro, en Ribeira para afianzar os lazos que unen aos municipios canario e galego dende que ambos se irmandaron no ano 2002.
Todo está practicamente a punto para recibir a esta delegación, que arribará ao municipio na mañá do domingo e que ás 14 horas está previsto participe nunha comida no Club Náutico. Xa pola tarde, os integrantes da comitiva serán levados por unha ruta guiada na que terán ocasión de coñecer os lugares turísticos máis emblemáticos do municipio.
Recepción polo alcalde e visita ás Carolinas
O luns día 5 de setembro serán recibidos oficialmente no Salón de Plenos da Casa Consistorial polo alcalde Manuel Ruiz Rivas e acto seguido levarase a cabo unha visita á explanada situada no tramo final do paseo das Carolinas (xusto antes do comezo do paseo de Coroso): lugar ata onde se acaba de trasladar a escultura volcánica “En reposo”, obra do escultor canario Paco Palomino, agasallo co que se selaron os vínculos entre os dous municipios en xuño de 2003.
Nese mesmo emprazamento tamén foron situados cinco paneis informativos que serán mostrados o propio luns e nos que se reflicten distintos datos de interese sobre a historia de Adeje, as súas tradicións máis significativas como a Semana Santa, os recursos turísticos e o seu patrimonio monumental e natural, con especial fincapé no seu Convento, a praza de España, a Casa Fuerte, a Igrexa e o Morro Grueso.
Dacordo co programa previsto, serán levados a continuación ao porto de Aguiño no que se lles agasallará cunha ruta pola ría e xa pola tarde visitarán a Sala Museo Municipal.
Cursos de danza: abre o prazo ata o 30 de setembro
Sálvora C.F.: este sábado 3 presentan as categorías inferiores
Novo posto para o alcalde: no Consello de Portos de Galicia
Festas de Santa Uxía: o luns 12 de setembro, concurso de baile
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario