Imaxes: Paco do Martelo
O muro antes de que pintaran o fresco actual Porto do Son, 2 de setembro de 2011. Ignoramos se era unha promesa electoral, se xa daba tanto noxo que alguén se compadeceu dos ollos dos veciños e visitantes que por alí pasabamos, ou se todo é froito da improvisación e a casualidade, como tantas accións humanas, pero por fin o muro de cemento-vista da Arnela xa ten un debuxo sobre o que agardamos non peguen nin pinten nada nunha boa tempada. Se alguén coñece ao autor ou autora do debuxo, ou ao responsable de executalo (o debuxo, non ao pintor), que nos escriba a redaccion@certo.esAntes, publicamos:
Porto do Son: o muro da desfeita urbanística, de novo enlixado por todos os políticos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario