2.9.11

Medio Ambiente: "Serra do Barbanza" reciclou case o dobre de plástico con Punto Verde que Ecoembes

  •  A mancomunidade de concellos "Serra do Barbanza" leva reciclado no ano 2011 un total de 465,3  Toneladas de plástico film con Punto Verde, fronte ás 240 Toneladas recicladas (aproximadamente) por Ecoembes.
Media_httpfarm6static_nacue

Noia, 2 de setembro de 2011. Ante o incumprimento do convenio por parte de Ecoembes, no cal só se fai cargo dunha parte do film con punto Verde, a mancomunidade "Serra do Barbanza" decidiu pola súa conta proceder a reciclar o plástico film con Punto Verde recuperado na planta de Servia.

O actual presidente da Mancomunidade, o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, considera que ante a negativa de Ecoembes a facerse cargo do film con punto Verde, "non podemos permitir que este film acabe en vertedeiro, que era a opción mais doada para a Mancomunidade. Por iso a concesionaria da Mancomunidade FCC está encargándose de que este film de Punto Verde sexa correctamente reciclado para a súa reutilización".

"Para isto estamos a colaborar con empresas galegas, que reciclan e reutilizan este film con Punto Verde, de tal xeito que a actividade empresarial que conleva este ciclo reverta en Galicia, xa que Ecoembes recíclao fóra de Galicia", aclarou o alcalde socialista noiés.

Garcia Guerrero considera "unha obriga moral da Mancomunidade" garantir que este material con Punto Verde sexa recuperado, reciclado e reutilizado, xa que o consumidor está pagando o custe engadido dos materiais con Punto Verde. "E ante a deixadez de Ecoembes, que é a responsable, a Mancomunidade está xestionando este material para evitar a súa perda", afirmou.

A mellor xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia

A Mancomunidade ten desde a sua creación "un claro compromiso co medio ambiente, dando servizo a preto de 80.000 habitantes e acadando en todos os parámetros os mellores resultados dos distintos sistemas de xestión de RSU en Galicia, chegando en algúns dos parámetros a ser líderes en España como no caso do reciclado de film con Punto Verde. Por iso decidiuse asumir a xestión deste material e non rachar a cadea de vida dos materiais", puntualizou García Guerrero.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical