19.1.10

A Pobra do Caramiñal: unha viaxe de Xensboy pola literatura, a música e a actualidade máis crú de Haití

Pasei pola Pobra para encargar un libro na librería Ler do amable Cipriano Pose e a fermosa Eva. O libro é unha biografía de Tolstoi, Chekhov e outros autores rusos a cargo de Maxim Gorki.

O parque da Pobra estaba algo desolado pola chuvia constante. Había un poboado de gnomos nos cogumelos. Nunha entrañable librería merquei tres rotuladores e un diario.

Despois de coller pan (unha cliente maior parecía creada por Galdós), busquei unha cafetería e entrei na Caramiñas, onde un loro xigante competía cunha pantalla xigante. Gañou a pantalla, amosando de súpeto un interesante primeiro plano do xenio que se foi Antonio Vega e despois outro vídeo no que Andrés Calamaro referencia sen pudor ao seu ídolo Bob Dylan.

Despois vin outro café chamado Locus Amoenus que ten unha biblioteca na segunda planta. Alí había unhas composicións gráficas interesantes, e tamén un libro de cadros dun artista que me impresionou, Xoán Fernández, que fai tamén unha referencia a un ídolo, Johannes Vermeer no seu caso. Por certo que me chamou a atención o seu excelente retrato dunha muller loura elegante e moderna, provista dun toque desafiante na mirada.

Á saída alucinei cos puntos de cor verdes e azuis do respaldo metálico dun banco de pedra.

Dende un posto de revistas asomaba unha bela modelo e, ao fondo, un dos grandes barcos do porto pobrense. Unha ollada de despedida á vila e, para rematar, gravei a emocionante portada do xornal El País na que un rescatador vallisoletano logra sacar da morte a un neno de dous anos que estivo catro días enterrado polo terrorífico terremoto que asolou á pobre Haití.

Xensboy é o alias de Ramón Torrado, rianxeiro vídeoartista, escritor e profesor de inglés- Colabora con artigos de opinión en Certo. Podes lelo en http://certo.es/index.php?page=Ramon_Torrado

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical