Na xuntanza, convocada polo Concello, estiveron presentes unha selección de entidades ligadas ao sector alimentario, como son Frinsa, Congalsa, Conservas Lou e Pescaldía, ademais da propia Asociación de Empresarios de Riveira e de Amicos. Tamén estiveron o alcalde e a concelleira de Educación no nome do Concello, así como o director e o secretario do CIFP Coroso.
Adáptase aos procesos produtivos
As empresas convocadas amosaron o seu interese por este novo ciclo de FP e indicaron que os contidos que se van impartir se adaptan aos seus procesos produtivos. Así mesmo, manifestaron a idoneidade da formación que van recibir os alumnos ao responder ás necesidades do perfil de posibles contratados.
Hai que salientar que o Ciclo de Elaboración de Produtos Alimentarios ten como obxectivo aprender a elaborar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, así como efectuar o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en pequenas, medianas ou grandes empresas. Son traballadores por conta allea que se integran nun equipo de traballo con persoas dun mesmo nivel de cualificación, ou inferior, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de recepción de materias primas e materias, preparación e manexo de equipamentos de produción, control de operacións de elaboración, envasamento e embalaxe, apoio ao control de calidade, almacenamento e expedición de produtos acabados
Os módulos que comprenden este ciclo son:
En primeiro curso:
Formación e orientación laboral 107 horas
Materias primas na industria alimentaria 267 horas
Operacións de acondicionamento de materias primas 213 horas
Operacións e control de almacén na industria alimentaria 80 horas
Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53 horas
Tratamentos de transformación e conservación 240 horas
E en segundo curso:
Empresa e iniciativa emprendedora 53 horas
Formación en centros de traballo 410 horas
Principios de mantemento electromecánico 105 horas
Procesamento de produtos alimentarios 175 horas
Procesos tecnolóxicos na industria alimentaria 227 horas
Venda e comercialización de produtos alimentarios 70 horas
Ribeira: do 4 ao 7 de xullo, "La depresión: qué es y cómo tratarla", curso da UIMP post.ly/81hJD Arte: o carballés Manuel Facal colga no Museo do Gravado de Artes dende mañá post.ly/81epx
Ata 29 de xuño: "Educando á infancia en valores". Teatro para nenos
Venres 29 e sábado 30 no Ateneo: Toponimia e Antigo Exipto. Non o perdan!
Venres 29 de xuño: preséntase libro madridista de Manuel Jabois
Traslatio: sae o 7 de xullo do peirao de Ribeira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario