- Tamén presentará o VI Certame Galego de Bandas de Música, no que van participar de novo en novembro en Santiago
Lousame, 28 de xuño de 2012. O próximo domingo día 1 de xullo terá lugar na Casa da Cultura de Portobravo en Lousame o Festival de Fin de Curso 2011/2012 da Banda de Música municipal. O acto comenzará ás 6 da tarde e porá fin a un completo e exitoso curso onde se multiplicaron por dous case as matrículas con respecto ó ano anterior e se incrementou a calidade da ensinanza recibida polos alumnos como se poderá comprobar neste festival.
Actuarán practicamente tódolos alumnos das diversas especialidades instrumentais, así como a Banda Infantil e Xuvenil. Para clausurar o acto actuará tamén a Banda Municipal de Música de Lousame que aproveitará para presentar a súa participación no VI Certame Galego de Bandas de Música, que se celebrará no Auditorio de Galicia no mes de novembro.
Web
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario