Ribeira, 3 de xaneiro de 2013.- A falla de que se peche hoxe o prazo de inscrición, entre 250 e 300 persoas van batallar este sábado día 5 de xaneiro na Carreira Popular de Nadal: unha das actividades programadas para estes días dende a Área de Deportes do Concello, neste caso en colaboración do Club Atletismo Santa Uxía que preside Juan Manuel Olveira.
O concelleiro Juan Manuel Martínez ofreceu os detalles do evento, que terá lugar no entorno do Pavillón Polideportivo Santa Uxía (en Coroso), en horario de mañá. Participarán as seguintes categorías: sénior (que deberán afrontar unha distancia de 3.040 metros), cadete (3.040 metros), infantil (1.970 metros), alevín (1.210 metros), benxamín (760 metros) e pitufos (80 metros). As probas darán inicio ás 11 horas.
A iniciativa ten como obxectivo ocupar o tempo de lecer dos veciños, fomentando unha actividade física saudable e procurando a interactuación dos participantes.
Martínez Queiruga animou á veciñanza a que tomen parte na carreira ou ben que se animen a presenciala nun día tan sinalado como o da véspera de Reis.
Onte suxerimos Capítulo 0 polas propostas para mellorar a acción cultural. Hoxe, outro blog para facer mellor ciencia: zientziakultura.com/2013/01/02/6-p… Colaboración: algo vai moi mal neste país cando o Pai Teixugo nomea citas de Castelao de hai 90 anos e encaixan hoxe certo.es/index.php?page… Boiro: Levan 8 días co de hoxe e acórdalles a todos os políticos "con cargo relevante" visitar hoxe aos das preferentes pechados no Concello
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario