17.3.10

Ribeira: o instituto Coroso celebra do 22 ao 25 de marzo a súa II Semana da Ciencia

II Semana da Ciencia do I.E.S. Coroso


 

Ribeira, 17 de marzo de 2010. O I.E.S. Coroso de Ribeira informa a toda a comunidade educativa e a toda a sociedade do Barbanza da celebración da 2ª Semana da Ciencia. Do 22 ó 25 de marzo realizaranse actividades tanto para E.S.O. e Bacharelato como para Ciclos. Dende a análise dos espazos protexidos do noso litoral, o problema climático e proxección de películas de divulgación sobre a labor científica, ata conferencias sobre superconductividade, o acelerador de partículas e prácticas de aplicación de coñecementos técnicos. Organizadores e alumnado colaborador orientarán a visita de pais e representantes de medios e concello.


 

CONFERENCIANTES:

 

Coa presenza dos conferenciantes Dna Sonia Vázquez Blanco, bióloga e educadora ambiental da Consellería de Medio Ambiente, D. Ramón Cid Manzano, catedrático de física e química e profesor asociado da Universidade de Santiago en Didáctica das Ciencias Experimentais, D. Jesús Mosquera Rey, doutor en Ciencias Físicas e profesor de Física do Estado Sólido na Facultade de Física, e D. Miguel Rodríguez Sanmartín, Licenciado en Física e profesor de Máquinas Frigoríficas, Instalacións Eléctricas e Seguridade nas Instalacións Térmicas.

 

 

PROGRAMACIÓN SEMANAL:

 

O luns 22 abre a semana a conferencia do profesor Miguel Sanmartín sobre cambios de estado físico, seguido dun experimento que se proseguirá día a día co alumnado. Ademáis recibiremos a visita da educadora ambiental Sonia Vázquez Blanco, quen nos informará da riqueza biolóxica dos espazos protexidos do noso litoral.


Acelerador do Cern, na Wikipedia


O martes, o D. Ramón Cid Manzano exporá os experimentos cruciais que se realizan no acelerador de partículas europeo en Laussane, Suiza, para desentranar a natureza da materia. Proxectarase despóis o filme October Sky, baseado no espertar á curiosidade intelectual e primeiros experimentos de Homer Hickam, científico da NASA.



O mércores, o propio alumnado, asesorado e formado por persoal do Proxecto de Educación Ambiental “Climántica da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, son os protagonistas ao preparar un taller no que amosarán aos seus compañeiros os efectos do cambio climático. Ás 10.40 dará comezo a conferencia de Jesús Mosquera Rey sobre as propiedades da superconductividade en distintos materiais e a súa aplicación ás novas tecnoloxías.


   O xoves, xunto co remate do experimento de Miguel Rodríguez Sanmartín, pecharanse asimesmo as xornadas coa proxección do capítulo ‘Ceo e Inferno’ da serie de divulgación científica Cosmos, onde o visionario Carl Sagan adiantaba as posibles catástrofes ambientais no planeta.

 

CRONOGRAMA:

 

LUNS 22

 

ACTIVIDADE

 

9.00-9.50

Conferencia Sanmartín

 

ABERTO Á PRENSA

10:00-11:30

“O noso litoral”

ABERTO Á PRENSA

 

 

 

MARTES 23

 

ACTIVIDADE

 

10:40-11:30

Conferencia:LHC, O maior experimento da historia

ABERTO Á PRENSA

 

 

 

MÉRCORES 24

 

ACTIVIDADE

PROFESORADO SEMANA CIENCIA

9.00-9.50

Stand Climántica

 

9.50-10.40

Stand Climántica

ABERTO Á  PRENSA

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical