Campaña Institucional de Cáritas
“Vive sinxelamente para que outros, sinxelamente, poidan vivir”
- Este é o lema da nova campaña de sensibilización de Cáritas que apela ao noso compromiso persoal e social, como membros dunha mesma comunidade global, a familia humana, que non debe permitir que tres cuartas partes vivan na pobreza mentras que a outra parte vive na opulencia.
Ribeira, 11 de decembro de 2012. CÁRITAS PARROQUIAL DE AGUIÑO desexa facer público o seu agradecemento ás seguintes entidades colaboradoras co I Torneo Cáritas Parroquial de Aguiño: S.D. Xuventú Aguiño, Concello de Riveira, Deportes Estévez, Podium Sport, Deprtes Carlos Miguel, Frinsa, Aliprox Aguiño, Floristería Mimos, Florería Bonsai, Electrodomésticos Ruiz, Peluquería Ángela, Peluquería Manola e Pescados Ouviña; cunha mención especial para os árbitros que participaron no evento deportivo-benéfico.
Agradecemento que quer facer extensivo a tódalas persoas asistentes ao certame disputado no Campo Municipal da Tasca, durante a xornada do pasado día 6, e a mañá do domingo día 9, e que contribuíron co seu donativo a realizar una recadación de mil cen euros (1.100 €), destinados a atender e paliar as necesidades e realidades de pobreza da parroquia.
Reseñar que o equipo Campión en categoría Prebenxamín foi o Puebla, F.C.; en categoría Benxamín foi o S.D.V. Cabo de Cruz, e en categoría Alevín foi a S.D. Xuventú Aguiño B.
Gracias tamén, como non, aos clubes que participaron:
PORTO DO SON, XUVENTÚ AGUIÑO, ATL. RIVEIRA, CARREIRA C.F., SALVORA C.F., S.D.V. CABO DE CRUZ, PUEBLA F.C., ABANQUEIRO S.D., S.H. PALMEIRA, XUÑO S.D., unha aperta especial para todos eles.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario