Interésalle tamén:
Ribeira,13 de decembro de 2012.- Logo de que fora presentada publicamente a programación que para este Nadal organizou o Concello de Ribeira a través das Concellerías de Cultura e Comercio, chega a ocasión de expoñer o calendario de eventos postos en marcha dende as áreas de Xuventude e Deportes, e que están a orientados a un público basicamente de carácter xuvenil e infantil.
Os edís Aroa Fernández e Juan Luis Martínez foron os encargados de debullar estas actividades, que están divididas en dúas clases, segundo teñan carácter competitivo ou ben sexan de índole máis participativa.
Torneos
- Trofeo Unicef de Fútbol Sala: Terá lugar os días 27 e 28 de decembro no polideportivo de A Fieiteira en horario de tarde, nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.
- 3x3 de Baloncesto: Celebrarase o día 29 de novembro no polideportivo de Santa Uxía (Coroso) entre as 17 e as 21 horas. Destinado ás categorías infantil, cadete e xuvenil.
- Torneo de Fútbol 11 ‘Residencial Mirador de Padín’: Desenvolverase nos días 29 e 30 de decembro no campo de herba sintético de A Fieiteira, a partir das 9.30 horas. Dirixido ás modalidades cadete e xuvenil.
- Torneo de Xadrez de Reis: Acontecerá o 4 de xaneiro na Casa da Xuventude, de 10 a 13 horas. Orientado ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.
- Trofeos de Tenis: Que xa se iniciou e se prolongará ata o 4 de febreiro, coas finais que se disputarán no polideportivo de A Fieiteira. No torneo de dobres están inscritas doce parellas e no individual, 39 tenistas. Categoría absoluta.
- Carreira Popular de Nadal: Carreira pedestre destinada ás categorías base que se celebrará o día 5 de xaneiro, con saída e chegada nas inmediacións do poliderportivo de Santa Uxía (Coroso).
Actividades deportivas ou de aventura
- Minicampus de Baloncesto: Destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos que queiran iniciarse no mundo do baloncesto. Terá lugar o día 22 de decembro, no polideportivo de Santa Uxía, de 16.30 a 20.30 horas.
- Campamento Deportivo: Actividades predeportivas e de recreación para ocupar o tempo de lecer dos nenos de 5 a 11 anos durante o tempo de lecer. Terá lugar os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro no Complexo de A Fieiteira, en horario de 10 a 13 horas.
- Puenting: actividade de aventura que se celebra todos os 31 de decembro en Ponte Ceilán (estrada Noia-Outes). O particular “San Silvestre” do Concello de Riveira. Dirixida a maiores de idade.
- Patinaxe sobre xeo e parque de ocio: Viaxe en autobús a Pontevedra a patinar sobre xeo, disfrutar do seu parque de ocio e pasar o día pola cidade. Orientado a rapaces de 8 a 15 anos. Será o 2 de xaneiro con saída pola mañá da estación de autobuses e regreso a última hora da tarde.
- Partido Deportivo de A Coruña – Málaga: Viaxe en autobús o día 6 de xaneiro para presenciar este partido de Primeira División na cidade herculina. Destinado a xóvenes de 10 a 17 anos.
Para máis información e inscricións, cómpre poñerse en contacto coa oficina da Concellería de Deportes en A Fieteira (teléfono 981 873 646; email deportes@riveira.com) ou coa Casa da Xuventude (teléfono 981 835 289; email xuventude@riveira.com).
Dende as concellerías de Xuventude e Deportes quixeron agradecer a colaboración recibida de entidades como Unicef, Club Baloncesto Riveira, Asociación As Miñoteiras, Club Atletismo Santa Uxía ou o Club de Xadrez do Círculo Mercantil.
Noia: gran actuación dos taekwondistas noieses no Campeonato de España de Clubs en Gandía post.ly/9yD1f Ribeira: este sábado, 15 de decembro, Campionato Galego Absoluto de Taekwondo post.ly/9yCKP A ver: non é o mesmo "alerta amarela" que "alerta á marela". Pero por se as moscas pecha as vacas no establo ou na corte. #avisodetemporal
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario