17.3.11

A Pobra: o PP deu unha charla coa súa versión sobre a nova Lei de Augas

Dscn8479

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011. Este martes, día 15, nun auditorio do ISM totalmente abarrotado de xente, tivo lugar, por parte do Presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, a aclaración ás dúbidas que a Lei de Augas de Galicia suscitara en parte da poboación "e que os grupos políticos como o PSOE ou o BNG alentaran en diversos foros públicos", informan dende a alcaldía, do PP, da Pobra.

     Entre as afirmacións feitas polo Presidente de Augas de Galicia salientan as seguintes:

         1. A Lei de Augas non crea novos tributos, o que fai é cambiar de nome ao actual canon de saneamento que pasará a chamarse canon da auga.
         2. Os pozos particulares non pagarán canon da auga.
         3. Tamén quedan exentos do pagamento do canon os usos agrarios, gandeiros e forestais.
         4. As comunidades de usuarios terán un 90% de bonificación.
         5. A lei non obriga á instalación de contadores. Quen non dispoña deles poderá acollerse a outros sistemas de estimación obxectiva.

     Posteriormente abriuse unha quenda de preguntas na cal "quedou claro que a Lei de Augas de Galicia non obrigará á instalación de contadores nin ao pago do canon por parte dos propietarios de pozos", reiteran dende o Partido Popular pobrense, que se une así á ofensiva mediática e publicitaria da Xunta de Galicia sobre esta controvertida lexislación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical