5.3.13

Ribeira: o Sálvora adica o partido deste domingo, 10 de marzo, a recadar fondos para a Cofradía da Dorna


Imaxe do día da inauguración do local da Cofradía da Dorna

O vindeiro Domingo 10 de Marzo a partir das 17:00 horas celebrase no Campo Municipal Sintético de A Fieiteira o partido do Grupo 5 de Segunda Autonómica entre o Sálvora CF e o CD Sar.

A directiva do Sálvora CF (club ribeirense e colíder neste intre da competición), tomou a decisión de que todo o que se recade no encontro (venta de entradas e rifas) será destinado á Real e Ilustre Cofradía Da Dorna.

Esta iniciativa do club está motivada "porque consideramos que un club coma o noso debe colaborar naqueles acontecementos e entidades que fan que Ribeira sexa coñecida a nivel galego e nacional, e que mellor acto que colaborar dentro das nosas posibilidades coa Festa da Dorna, que ano tras ano trae a milleiros de persoas ao noso concello no mes de xullo e fai que o nome de Ribeira traspase fronteiras. E xa non só pola propia organización da Festa senón por todas aquelas actividades culturais e deportivas nas que a asociación está presente, sempre velando polos intereses dos nosos veciños", explica a directiva.

Sinalan tamén que é "unha pequena maneira de apoio que desde este pequeno e humilde club do concello podemos ofrecer para colaborar con esta entidade que xa leva “LXIV singladuras” facendo a Festa e que este ano chega os 65 anos máis viva e forte que nunca e que necesita o apoio de todos para que a nova singladura, en anos tan difíciles economicamente, sexa un éxito".

Esta campaña benéfica de recadación da taquilla do Sálvora para a Real e Ilustre Cofradía da Dorna enmárcase "dentro da responsabilidade social que coma club de Ribeira, con máis  de 150 nenos na súa nómina e cunha ampla masa social e de aficionados, ten o deber de colaborar con aqueles entidades que buscan o desenvolvemento de Ribeira e súmase a outras iniciativas como a Campaña de apoio a Cáritas, ou a realizada cando se quixo recortar a cota do lirio e na que desde esta entidade estivo colaborando con pancartas e brazaletes nos partidos que as súas diferentes categorías xogaban", lembran tamén dende a directiva.

A roda de prensa de presentación desta campaña será  o vindeiro xoves 7 de Marzo ás 19:30 horas no Local da Real e Ilustre Cofradía da Dorna sito no baixo do Palco de Pedra do Malecón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical