5.3.13

Ribeira: o Museo Municipal conta xa co sextante de Silverio Sobrido

A Sala Museo Municipal de Ribeira acolleu onte a entrega en  réxime de depósito dun instrumento náutico que pasa a integrarse nos fondos da colección permanente desta instalación cultural.

Trátase dun sextante de mediados do século XX que Silverio Sobrido Álvarez cede no nome da súa familia para contribuír así a que os veciños e visitantes do museo teñan un mellor coñecemento de como era o oficio do mar antes da navegación por satélite. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, recibiu esta entrega nun acto que contou tamén coa intervención da directora da sala, Pilar Casas, e da concelleira de Cultura, Elvira Pisos.

Segundo relatou Silverio Sobrido, a peza foi mercada en Irlanda polo seu pai, de igual nome que o fillo, no ano 1947. De profesión patrón de altura, o proxenitor –quen durante 14 anos desempeñou o cargo de patrón maior da confraría de Riveira- empregou este instrumento de medición en caladoiros como o Gran Sol ou Terranova. A través do sextante conseguíanse mediante cálculos astronómicos latitudes e lonxitudes que se plasmaban nas cartas náuticas e así era posible guiarse na navegación.

O alcalde Manuel Ruíz agradeceu a doazón e a xenerosidade por parte da familia de Silverio Sobrido ao pobo de Ribeira e subliñou a importancia que ten esta doazón para o Museo, pois permite que a instalación se siga nutrindo de pezas que para os homes do mar teñen un importante significado. “A moitos dos nosos mariñeiros evocaranlle outras épocas que afortunadamente non teñen nada que ver coas actuais”, resaltou o rexedor municipal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical