- Reforma a cobranza de tributos para que os cidadáns paguen directamente nas entidades financieiras
- Vaise aplicar de xeito progresivo: en primeiro lugar no imposto de vehículos
Ribeira, 5 de marzo de 2013.- O Concello vai poñer en práctica este mesmo mes un proxecto que ten por obxecto ofrecer ao cidadán un mellor servizo e unha maior comodidade á hora de abonar os seus tributos municipais no suposto de que os recibos non estean domiciliados. Así, os contribuíntes xa non terán que pasar polas oficinas de recadación do Consistorio para afrontar estes pagos (coas consabidas ringleiras que isto adoita supoñer), senón que deberán formalizalos en calquera das entidades financeiras colaboradoras que teñen á súa disposición repartidas xeograficamente polo municipio.
Esta experiencia piloto vaise aplicar en primeiro lugar no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e, no caso de constatarse a eficacia da iniciativa, ampliarase posteriormente a outros tributos. Outras Administracións xa puxeron en práctica accións desta índole, como a Deputación de A Coruña co Imposto de Bens Inmobles (IBI).
Período voluntario
Hai que recordar que o período de pagamento voluntario do IVTM abarca ente o 15 de marzo e o 15 de maio. Unha vez lle chegue ao domicilio de cada contribuínte o recibo correspondente (se non o recibise poderá obtelo na Tesourería Municipal a partir do 15 de abril) o cidadán vai ter á súa disposición tres posibles vías de liquidar este imposto:
- Pagándoo nas entidades financeiras colaboradoras no horario de caixa de cada entidade,
- Sufragándoo nos caixeiros das entidades sempre que dispoñan do servizo de pago de recibos con código de barras
- A través de Internet, para o cal a páxina web do Concello (wwww.riveira.es) enlazará coas pasarelas de pagamento electrónico das distintas entidades.
As entidades financeiras colaboradoras son: BBVA, NCG Banco, Banesto, Banco Pastor, Banco Popular, Banco Gallego e Caixa-Bank-La Caixa.
Se denuncian horarios para pagar facturas en bancos Otro abuso de la banca permitido por el gobiernoeconomia.elpais.com/economia/2013/… vía @el_pais
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario