O sábado 19 de decembro ás 20.30 h., Vai de Roda presenta no Cuartel Vello de Rianxo o libro O Berce das Palletas. Ten textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín e é un traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Trátase dunha ferramenta que nos permite coñecer a fondo cal é o proceso de construción desta peza que constitúe a alma da gaita galega.
É un bo punto e final para o curso de empalletado tradicional impartido por Alexandre Cadarso que está a xuntar na antiga Casa de Cultura a quince persoas interesadas en se achegar a esta confección artesanal.
(vía http://www.blogoteca.com/vaideroda/index.php?cod=75751)
-----------------------------------------
'O Berce das Palletas' é un método de construción de palletas e pallóns elaborado por Xoán Ramón Marín, que a Asociación de Gaiteiros Galegos edita dentro da súa liña de difundir e por en valor a nosa cultura musical tradicional.
'O Berce das Palletas. A construción de palletas e pallóns' contribuirá a que os nosos gaiteiros e gaiteiras teñan a man unha ferramenta que lles permita coñecer a fondo cal é o proceso de construción da peza que constitúe a alma da gaita. Sabendo como construíla, será entón doado manexala e adaptala ás nosas propias necesidades tímbricas e de afinación. Así pois, desde a Asociación de Gaiteiros Galegos agardamos que esta nova publicación que agora poñemos nas vosas mans vos sexa útil e contribúa a afastar do esquecemento outro anaco do noso coñecemento tradicional.
'O Berce das Palletas' pódese atopar á venda nas principais librerías, distribuído por Arnoia e cun PVP recomendado de 9 €. Os socios da AGG poden mercalo directamente nos locais da AGG en Pontevedra e Lugo ou solicitar o seu envío a domicilio por un prezo de 5€ + gastos de envío (se é o caso).
Para solicitar o seu exemplar chame ao teléfono 986 847 074 ou envíe un e-mail a secretaria@gaiteirosgalegos.com
(vía http://www.gaiteirosgalegos.com)
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario