17.12.09

Noia: o alcalde doa ás monxas da Corredoira a indemnización dun xuízo

O alcalde de Noia, o socialista Rafael García Guerrero, fixo entrega hoxe, xoves, 17 de decembro, de 250 euros ao Convento de San Xosé das Monxas Trinitarias de Noia, na Corredoira.

Esta cantidade provén da indemnización pola sentenza que condena a sete persoas por unha falta cualificada de coaccións contra a persoa do alcalde. Os feitos acaeceron o 3 de Maio de 2008 cando foi insultado e perseguido na Alameda de Noia e no Campo da Feira por estas persoas e varias ducias máis que os acompañaban, que proviñan dunha manifestación contra a variante que rematara un tempo antes. O alcalde neses intres paseaba coa súa, a súa filla e unha amiga.

En Xaneiro de 2009 o xulgado número 1 de Noia xa condenara a estas persoas, que recurriron a sentenza que foi ratificada en segunda instancia en Outubro de 2009. Ordenouse o pago da indemnización en novembro deste mesmo ano. Unha vez cobrada foi doada á orde das Trinitarias de Noia.  Ademais estas persoas foron condenadas ao pago, cada unha delas, de 120 euros de multa.

"Quero expresar a miña gran ledicia por este feito, xa que este tipo de comportamentos deben ser condenados porque non son propios dunha sociedade civilizada e democrática", remata o alcalde noiés no seu blog.

Deste xuízo informamos en Certo no seu día, aquí.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical