No evento reuníronse participantes de varias clases diferentes de embarcacións adaptadas (2.4mr, Access 303, Yatland 460 e Raquero Adaptado). O número de participantes foi de 30 personas pertencentes a 6 clubes galegos.
Na modalidade Raquero a tripulación vencedora foi do RCN de la Coruña; Carmen Gómez, Marifé Álvarez e Curro Jiménez; en 2.4mr a victoria foi para o navegante do Club de Vela Escota de Vigo, Antonio Figueroa, en Access gañaron os regatistas do RCN da Coruña, Javier Mouriño e David Rivera, e por último en Yatland 460 o vencedor foi Jesús Pombo, da Fundación María José Jove.
A xornada do sábado presentouse chuviosa e desagradable, pero disputáronse varias mangas de clasificación. Para o domingo, o tempo deu un respiro e pudieron saír tódalas clases a competir, e aínda que en ocasións o vento subíu con intensidade, non houbo que reseñar incidentes importantes.
Dende o programa Vela para Todos de Ribeira, participaron na xornada do domingo dúas tripulacións, Lisardo Calo e Domingo Ruíz, e Carlos Fernández e Sergio Pouso, en sendos barcos Access 3.03. Destacaron os deportistas de Ribeira pola boa organización e o papel deportivo que conseguiron.
Esta é a primeira ocasión na que se organiza en Galicia unha proba deportiva en clase Access, unha embarcación de recoñecido prestixio internacional pola que o Programa Vela para Todos apostou dende o inicio, e que cada ano está a sumar novas incorporacións que van conformando unha pequena frota de barcos e deportistas en Galicia, unha das máis importantes de España nestes momentos.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario