- Mañá inaugúrase o belén fronte á igrexa de Santa Uxía, e tamén se acende o tradicional alumeado de Nadal
- Haberá un segundo belén itinerante, que irá polas parroquias
Ribeira, 5 de decembro de 2011.- Durante o día de hoxe operarios están a proceder á colocación da árbore de Nadal que adornará nestas festivas datas a praza do Concello da cidade de Ribeira.
A árbore ten unhas dimensións de 12,5 metros de alto por 4,90 de ancho e está patrocinado por unha empresa local que non para de recibir homenaxes polo seu medio século de vida.
Outro dos elementos tradicionais desta época é o Belén que, un ano máis, está situado na praza de Otero Goyanes, fronte á Igrexa de Santa Uxía, e que mañá será descuberto para disfrute dos veciños e visitantes.
Como novidade, o concello vai contar cun segundo Belén municipal coa idea de que de forma itinerante percorra as distintas parroquias alleas á de Santa Uxía. Esta peregrinaxe terá carácter anual e, no Nadal de 2011, o Belén estará emprazado na parroquia de Aguiño.
En canto á iluminación navideña, operarios da empresa da empresa adxudicataria desta actuación, Iluminacións Santiaguesas S.L., estiveron a colocar nos últimos quince días máis de 250 arcos distribuídos polas nove parroquias, ademais de báculos e outros moitos adornos festivos.
Día da Infancia: acto o 9 de decembro no auditorio
Exposición "Tremenda Fauna": dende o sábado 3 en O Faiado
Charla: o 10 de decembro, sobre Cunqueiro e Novoneyra no Ateneo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario