5.12.11

Ribeira: este venres 9, Día Universal da Infancia con charla, proxeccións e música

  • Organiza o Concello xunto a ONGs do municipio, no auditorio municipal dende as nove da noite


Rematarán o acto Mini e Mero, uns clásicos da música galega
 

Ribeira, 5 de decembro de 2011.- A concelleira de Cultura de Ribeira, Elvira Pisos Arnoso, xunto coas delegadas de Unicef Riveira (Cruz Rivadulla), Cruz Vermella Ribeira (Ángeles Cores) e Mans Unidas Ribeira (Ramona Pérez) deron a coñecer o acto co que se pretende conmemorar no noso municipio o Día Internacional da Infancia: unha data que se ben tivo lugar o pasado 20 de novembro, decidiuse retrasala por coincidir coas eleccións xerais. 

O devandito acto está  organizado por varias ONG’s do municipio como Unicef, Mans Unidas, Cruz Vermella, Intermón-Oxfam, Cáritas Parroquial e Médicos sen Fronteiras, xunto coas concellerías de Cultura e Xuventude. 

O acontecemento terá  lugar o venres 9 de decembro ás 21 horas no Auditorio Municipal cun programa que inclúe a actuación musical de Os Chiquilicuatres, varias testemuñas sobre a situación da infancia nos países do sur e en Galicia (a cargo de Médicos sen Fronteiras, Axunica, Fundación Meniños e Fundación Faibén); proxección de imaxes e vídeos e a actuación final de Mini e Mero, compoñentes do grupo A Quenlla e fundadores de Fuxan os Ventos, que interpretarán varios temas para pechar o acto co canto conxunto co público asistente de A Sementeira, como símbolo do compromiso de todas e todos coa infancia. 

A entrada é de balde ata encher aforo. As entradas entregaranse dende ½ h antes do acto.


Antes, en Certo:

O xogo é un dos dereitos do neno
Día da Infancia: acto o 9 de decembro no auditorio


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical