Esta información é válida para todos os concellos de Galicia. Só teñen que poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais do seu municipio.
Boiro, 10 de maio de 2010. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da convocatoria (DOG 10 de maio de 2010) da prestación familiar por fillo menor a cargo.
Persoas beneficiarias:
Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2010 ( nacidos entre o 02.01.07 ao 01.01.10 incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2008 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
Quedan excluídas:
As unidades familiares nas cales os seus ingresos considerados de forma individual ou conxunta , superasen no exercicio 2008 os 22.000 €.
A axuda consistirá no pagamento único de 360 € por cada fillo menor de 3 anos.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 19 de xuño.
Para máis información dirxirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro (de martes a venres de 8:00 a 13:00)
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario